Loading...

Noticias

A Deputación de Ourense implantará o primeiro ecosistema europeo de avaliación da transparencia en tempo real

Snapshot

21noticias.com


FECHA: 15 de junio de 2017

Manuel Baltar e o presidente da Asociación Transparencia Pública presentaron a primeira plataforma tecnolóxica de “goberno aberto”, que permitirá coñecer en cada momento o nivel de cumprimento coas obrigas de transparencia e dereito ao acceso á información dos entes obrigados por lei na provincia de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto a o presidente da Asociación Transparencia Pública, Juan Manuel Roa, a primeira plataforma tecnolóxica de “goberno aberto” de Europa, que implantará a Deputación na provincia de Ourense. Esta ferramenta permitirá coñecer en cada momento o nivel de cumprimento coas obrigas de transparencia e dereito ao acceso á información de todos os entes obrigados por lei na provincia de Ourense. Desta maneira, a Deputación de Ourense é a primeira institución pública de Europa porá en marcha esta plataforma que posibilitará tamén a participación dos cidadáns e actores sociais no proceso de avaliación continua, nun exercicio único de rendición de contas en España.

Comments are closed.