Loading...

Noticias

As vilas galegas aumentan o seu nivel de transparencia

Snapshot

Código Cero


FECHA: 16 de marzo de 2018

CATEGORÍAS: A coruña  Ayuntamientos  Lalin  Pontevedra  Redondela  Vigo  Vilagracía  

Estes días déronse a coñecer os novos datos da plataforma-consultora Dyntra respecto do nivel de transparencia dos concellos galegos. Ou sexa, do nivel de fiabilidade e correspondemento entre o que os gobernos locais din facer na Rede ante a cidadanía e o que de feito fan. Unha das grandes sorpresas da listaxe é atopar nos postos máis alto concellos que non acubillan grandes cidades, senón vilas de tamaño grande ou medio. É o caso de Redondela, de 29.000 habitantes, que aparece no posto máis alto do ranking cunha taxa do 69.7% en materia de indicadores conseguidos. Redondela, deste xeito, sitúase por diante da urbes de envergadura como A Coruña (segunda no ranking, cunha porcentaxe do 64.45%) e Pontevedra (terceira posición, 63.82%).
Na clasificación, ocupando o oitavo posto, tamén aparecen (compartindo puntuación en nivel de transparencia) Lalín e máis Vilagarcía. Respecto do caso de Lalín, o seu edil Tomás Vilariño salientou hoxe “o esforzo que está a realizar o Concello para avanzar neste eido”, un esforzo que xa xa permitiu pasar do posto 20 ao posto 8 en menos e dúas semanas. O concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou tamén “o elevado grao de cumprimento na información sobre a organización e o patrimonio do Concello, a información contábel e orzamentaria ou a publicación de contratos, convenios e subvencións, todos eles por riba do 60 por cento”.
Os primeiros postos da listaxe ficarían do seguinte xeito: Redondela (67,95), A Coruña (62,82), Pontevedra (62,18), Vigo (54,49), Ourense (53,85), Lugo (51,92), Ferrol (50,64), Vilagarcía (46,15) e Lalín (46,15).

Comments are closed.