Loading...

News

O de Redondela é o concello máis transparente de Galicia

Snapshot

Vigo al minuto


DATE: Friday February 2nd, 2018

TAGS: Ayuntamiento de Redondela  Ayuntamientos  DAM Galicia  

Coma vén de sinalar o índice Dyntra, o Concello de Redondela ocupa o primeiro lugar en índice de transparencia superando a todos os concellos de Galicia, mesmo ás grandes cidades galegas.

O índice Dyntra, o mais aceptado e que sirve de referencia en moitos campos, puntúa a transparencia en función do cumprimento de 152 indicadores sendo o de Redondela o concello que mais información da ás súas veciñas e veciños.

Segundo subliña o alcalde, Javier Bas, a implantación da nova web municipal e “coa posibilidade de incluír na mesma moita mais información que na anterior, Redondela pasou a ocupar o primeiro posto en transparencia de toda Galicia”.

Entre os indicadores que cumpre o Concello de Redondela atópanse, por exemplo, as nóminas dos concelleiros, os seus curriculums, a axenda do alcalde, sinais económicos, coma a débeda municipal e a súa evolución, o orzamento municipal, con cada unha das partidas, o informe de estabilidade presupostaria, a publicación dos contratos públicos, os convenios subscritos ou as  subvencións e axudas concedidas.

“Sempre traballamos buscando a meirande transparencia e estábamos moi ben posicionados. A nova web fixo posible a inclusión de mais información polo que agora temos a satisfacción de ser o Concello mais transparente de Galicia”, sinala o alcalde, quen engade que “seguiremos traballando en prol da transparencia incluíndo cada vez mais información para que estea a dispor dos cidadáns”.

Comments are closed.